LETRAS GALEGAS 2026 OS BOLECHAS. BEGOÑA CAAMAÑO (24 P. ) Pequena biografía sobre Begoña Caamaño, explicada polo personaxes de Os Bolechas. AS MULLERES NAS LETRAS (22 P. / LETRA ENLAZADA) Tes nas túas mans un libro moi especial. Nel agóchanse historias,...
More
LETRAS GALEGAS 2026 OS BOLECHAS. BEGOÑA CAAMAÑO (24 P. ) Pequena biografía sobre Begoña Caamaño, explicada polo personaxes de Os Bolechas. AS MULLERES NAS LETRAS (22 P. / LETRA ENLAZADA) Tes nas túas mans un libro moi especial. Nel agóchanse historias, nomes e soños que axudan a entender por que o galego é unha lingua chea de vida, de emocións e de lembranzas. Este conto lévanos ata a Festa das Letras Galegas, un día no que celebramos as palabras e a xente que as coidou para que hoxe poidamos seguir falándoas, cantándoas e escribíndoas. Da man de Sabela, unha nena curiosa e imaxinativa, irás descubrindo que a nosa lingua non apareceu por casualidade: foi construída con esforzo, valentía e moito amor. Ao longo da historia coñecerás escritoras e escritores que loitaron para que o galego non se perdera, mesmo cando parecía difícil ou imposible usalo libremente.
Less