Este verán, a Biblioteca Pública Ánxel Casal propón unha viaxe ao encantador mundo do cozy crime, un subxénero da novela policiaca onde o misterio se resolve sen violencia explícita e cun toque de humor, enxeño e vida cotiá. Ambientadas en pequenos pobos,...
More
Este verán, a Biblioteca Pública Ánxel Casal propón unha viaxe ao encantador mundo do cozy crime, un subxénero da novela policiaca onde o misterio se resolve sen violencia explícita e cun toque de humor, enxeño e vida cotiá. Ambientadas en pequenos pobos, librerías, salóns de té ou comunidades aparentemente tranquilas, estas historias invitan a converterse en detective por unhas páxinas. Unha selección perfecta para desfrutar da lectura durante os meses de xullo e agosto, entre intrigas lixeiras e personaxes entrañables.
Less