Estimado compañeiro, compañeira:
É tempo de Eleccións Sindicais en Ramón García e a CIG preséntase ante vós para pedirvos a vosa confianza, madurada durante anos nos que a CIG sempre estivo a disposición do persoal (dentro ou fóra do Comité) e plantou...
More
Estimado compañeiro, compañeira:
É tempo de Eleccións Sindicais en Ramón García e a CIG preséntase ante vós para pedirvos a vosa confianza, madurada durante anos nos que a CIG sempre estivo a disposición do persoal (dentro ou fóra do Comité) e plantou cara cando houbo que defendervos.
Esgotouse un mandato desigual, no que o Comité saínte só tivo actividade real no seu primeiro ano do mandato, mentras estivo en mans da CIG. A partir de entón só se xuntou cando lle tivo conta á empresa, para quitarvos os dereitos ata converter en só 3 anos a Carpintería con mellores condicións laborais do entorno nunha das peores.
Na CIG tentamos por todos os medios parar esta sangría, pero foi en van: sempre usaron como excusa que no Comité estaban outros para frearnos, anularnos e ata tentar desactivarnos. Non o conseguiron: a partir destas Eleccións a CIG volverá estar presente no Comité de CRG, con máis forza que nunca. O tempo perdido foi moito, pero tamén as gañas de recuperalo.
Compa
Less