Na lareira, xaneiro 2024 Benqueridos nenas e nenos: Encaramos esta segunda avaliación e imos seguir a traballar no noso proxecto de Galicia. Na primeira avaliación centrámonos en investigar onde se atopa Galicia e monumentos importantes que hai na nosa...
More
Na lareira, xaneiro 2024 Benqueridos nenas e nenos: Encaramos esta segunda avaliación e imos seguir a traballar no noso proxecto de Galicia. Na primeira avaliación centrámonos en investigar onde se atopa Galicia e monumentos importantes que hai na nosa terra, pero ...unha terra como di o poema de Manuel María que xa vos recitei hai uns días... “Galicia somos nós, a xente e mais a fala” Unha terra como a nosa non sería nada sen a xente que nela vive e viviu, xente que aportou moito e que sigue aportando: Poetas, pintores e pintoras, escultores e escultoras, científicos e científicas..... Así que agora toca centrarnos en galegos e galegas que foron ou son importantes por algo, aínda que todos e todas temos algo que dar á nosa terra. Imos aló, presentámosvos unha personaxe da que teredes que facer a súa biografía para despois plasmar nun mural e entre todos conformar un rueiro de xente galega. Tedes ata o 18 de marzo.Para facer a biografía podedes seguir os pasos que vos damos a continuac
Less