MICRORRELATOS DE TERROR polo Samaín. Mencía Iglesias Otero /2º ESO Era un día de setembro. María acababa de empezar o instituto. A rapaza era moi espelida e tiña unha intelixencia moi alta. A súa materia favorita era Matemáticas, pero o seu novo profesor...
More
MICRORRELATOS DE TERROR polo Samaín. Mencía Iglesias Otero /2º ESO Era un día de setembro. María acababa de empezar o instituto. A rapaza era moi espelida e tiña unha intelixencia moi alta. A súa materia favorita era Matemáticas, pero o seu novo profesor tiña moi mala fama. Un día María tiña que facer unha proba de mates pero non era unha proba de mates calquera. No exame cada vez que escribía un resultado correcto borrábase e, cando María fallaba un resultado, o profesor collía e pegáballe cunha regra. Ao final do exame o profesor revisou o exame de María e viu que ela estaba sangrando pola cabeza de todos os golpes que lle dera, e como o exame estaba mal, o profesor agarrou a María polo pescozo e empuxouna contra unha parede. Cando María estaba a piques de afogar, o profesor sacou a súa regra, que tiña unha punta moi afiada, e fincoulla á rapaza no seu corazón. Despois colleu un coitelo e cortoulle a cabeza. María morreu nesa parede, desangrada, co corazón aberto e sen cabeza. E agor
Less