6 PORTA DE SAN PEDRO OU TOLEDANA Porta romana que daba entrada á vía XIX procedente de Astorga. Na Idade Media cítase como Porta Toletana. O nome de San Pedro provén dunha capela que houbo extra muros (San Pedro de Fóra). A inscrición situada baixo o escudo...
More
6 PORTA DE SAN PEDRO OU TOLEDANA Porta romana que daba entrada á vía XIX procedente de Astorga. Na Idade Media cítase como Porta Toletana. O nome de San Pedro provén dunha capela que houbo extra muros (San Pedro de Fóra). A inscrición situada baixo o escudo da cidade informa da reedificación da porta en 1781. 7 PORTA DA ESTACIÓN Houbo unha porta anterior proxectada por Nemesio Cobreros e aberta en 1875, que unía a cidade coa estación de ferrocarril. En 1918 acordouse ampliar aquela porta para unha comunicación máis fluída entre a estación e o centro da cidade. Luciano Travadelo, arquitecto municipal, deseñou a nova porta. 8 PORTA FALSA Porta orixinal romana de tipo posterula (poterna ou porta falsa) de uso exclusivamente militar. Na Idade Media e na Moderna tivo relación co Hospital de San Bartolomeu. A súa conformación actual corresponde ao ano 1798 en que foi modificada conservando aínda restos do arco que corresponde á bóveda anterior. 9 PORTA DE SAN FERNANDO OU DO PRINCIPE AFONSO A
Less