BIBLIOTECA ESCOLAR "CARLOS LABRAÑA" PLAMBE CEIP NICOLÁS DEL RÍO 2022 - 2023 @bibliotecacarloslabranha http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnicolasrio/blogdebiblioteca @beCarlosLabrana RELACIÓN DE ACTIVIDADES REALIZADAS NO CURSO ACADÉMICO 2022/23 0-...
More
BIBLIOTECA ESCOLAR "CARLOS LABRAÑA" PLAMBE CEIP NICOLÁS DEL RÍO 2022 - 2023 @bibliotecacarloslabranha http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnicolasrio/blogdebiblioteca @beCarlosLabrana RELACIÓN DE ACTIVIDADES REALIZADAS NO CURSO ACADÉMICO 2022/23 0- Introdución A piques de rematar este curso académico, se hai algo do que nos sentimos especialmente orgullosos é da resposta da totalidade da comunidade educativa ante calquera proposta ofrecida dende esta biblioteca. Este curso, por fin xa sen ningún tipo de restricións, recuperamos a colaboración de todos e todas, e non só en actividades onde foron invitados como meros espectadores, senón tamén, e sobre todo, sendo axentes cruciais no proceso educativo. Tivemos o gusto de volver a contar coa colaboración do Concello de Cedeira, a Biblioteca Municipal López Cortón, a Anpa Picapeixe, o IES Punta Candieira, o Museo Mares de Cedeira, a Asociación Arce, a Escola de Música vila de Cedeira, a Asociación Cultural Buxainas, a Asociación Discalzos p
Less