Conexión á wifi corporativa na EGAP 1. Conectámonos á rede "RCXG-Convidados". 2. Abrimos calquera navegador e accedemos a calquera páxina web. Nota: En caso de realizar este paso desde un teléfono móbil será preciso desactivar temporalmente os datos. 3. O...
More
Conexión á wifi corporativa na EGAP 1. Conectámonos á rede "RCXG-Convidados". 2. Abrimos calquera navegador e accedemos a calquera páxina web. Nota: En caso de realizar este paso desde un teléfono móbil será preciso desactivar temporalmente os datos. 3. O navegador mostraranos unha páxina web onde, entre varias opcións, aparecerá: "Se non dispón de certificado, pode solicitar un contrasinal de usuario empregando o seu teléfono móbil aquí". 4. Ao premer na ligazón indicada, redirixiranos a outra páxina, onde introduciremos o noso número de móbil, cubriremos un cadro co contido dun código de caracteres e marcaremos o cadro "Acepta as condicións de uso". 5. Feito isto, tras premer en "Rexistrar", nuns minutos recibiremos no teléfono móbil unha mensaxe, a cal nos mostrará un código numérico, a clave para a wifi. 6. Agora debemos cambiar a rede á que estamos conectados por "RCXG-Externos". 7. Ao conectarnos a esta rede, solicitará un usuario (o número de teléfono que facilitamos no rexistro
Less