“MULLERES A ESCENA” é o novo Ciclo Temático que abordaremos durante o primeiro trimestre do ano 2022 na Biblioteca Fórum Metropolitano.
A nosa cidade celebrará no 2022 o Ano Internacional María Casares, actriz de orixe coruñés que se converteu na gran...
More
“MULLERES A ESCENA” é o novo Ciclo Temático que abordaremos durante o primeiro trimestre do ano 2022 na Biblioteca Fórum Metropolitano.
A nosa cidade celebrará no 2022 o Ano Internacional María Casares, actriz de orixe coruñés que se converteu na gran dama do teatro francés do século XX. Dende a Biblioteca Forum Metropolitano aproveitamos este acontecemento para dar visibilidade ó papel da muller no mundo teatral.
A biblioteca como espazo de dinamización cultural facilita a transmisión de valores a través da literatura. Co teatro como ferramenta pedagóxica fórmase unha alianza que axuda a crear comunidade. Como actividade artística conxuga as dúas posturas de escoitar e expoñer que son eixe da comunidade e cidadanía.
Este ciclo terá lugar no primeiro trimestre do ano coincidindo co día da muller o 8 de marzo e leva por título “Mulleres a escena”.
Durante moitos séculos negouselle ás mulleres a participación no teatro como actrices, dramaturgas, escritoras, e incluso
Less