Do 12 de xaneiro até o 31 de marzo
O ciclo "Regreso ao pasado: historia ignota" nace co propósito de achegar ao público unha visión integral das culturas que marcaron os primeiros milenios da historia humana.
A Biblioteca Fórum Metropolitano aposta...
More
Do 12 de xaneiro até o 31 de marzo
O ciclo "Regreso ao pasado: historia ignota" nace co propósito de achegar ao público unha visión integral das culturas que marcaron os primeiros milenios da historia humana.
A Biblioteca Fórum Metropolitano aposta por un percorrido que vai desde as sociedades prehistóricas até o final do mundo antigo, combinando unha mirada global -Exipto, Mesopotamia, Grecia e Roma- cunha atención especial ao desenvolvemento histórico do noroeste peninsular e da área coruñesa. Este enfoque dobre permite comprender tanto as grandes civilizacións do Mediterráneo como a evolución cultural local: do megalítico galego aos castros, da chegada de novas tecnoloxías ao impacto da romanización.
O ciclo pretende fomentar o interese pola historia, apoiar o acceso a recursos bibliográficos especializados e pór en valor o patrimonio arqueolóxico. A través de actividades divulgativas e unha mostra de libros coidadosamente seleccionados, convídase á cidadanía a descubrir co
Less