A noite, ese momento especial, unha paréntese para relaxarse e sentar ao bordo da cama mostrando tenrura e complicidade; un xogo para volver á calma acompañado da voz adulta, dunha luz tenue e… por que non? dun libro.
A noite, ese momento particular, na...
More
A noite, ese momento especial, unha paréntese para relaxarse e sentar ao bordo da cama mostrando tenrura e complicidade; un xogo para volver á calma acompañado da voz adulta, dunha luz tenue e… por que non? dun libro.
A noite, ese momento particular, na que as crianzas se identifican coas personaxes do seu libro favorito deixando voar a imaxinación para evadirse da rutina diaria e dar paso ao soño. E eses soños que vagan a bordo de camas variadas e especiais, divertidas, xogadoras e cheas de posibilidades.
NIGHT-NIGHT é unha selección de historias que traspasan esas posibilidades co fin de pasalo en grande antes de deitarse! Camas para pescar, camas galácticas e bambeantes, camas comedor e camas peto, que vos están esperando para levar a lectura en familia ata os confíns nocturnos da fantasía.
Less