O SENTIDO DA FILOSOFÍA DE DESCARTES
A filosofía que vive Descartes (o aristotelismo) convertérase nunha actividade carente de
sentido pechada nas universidades. Os filósofos entregábanse a disputas estériles que non
axudaban ó progreso do coñecemento....
More
O SENTIDO DA FILOSOFÍA DE DESCARTES
A filosofía que vive Descartes (o aristotelismo) convertérase nunha actividade carente de
sentido pechada nas universidades. Os filósofos entregábanse a disputas estériles que non
axudaban ó progreso do coñecemento. Descartes considera que é necesario subministrar un
método á filosofía que poña fin a absurdos enfrontamentos e faga do coñecemento algo
proveitoso.
Descartes ve que, fronte á estéril filosofía, o único coñecemento que aínda conserva o rigor e a
veracidade é a xeometría e a aritmética (as matemáticas). Por iso tomará delas o método –
analítico-sintético-, que tamén aplicará galileo ás ciencias naturais (o método hipotéticodedutivo)
O método consta de dúas operacións intelectuais:
- O momento da análise e a intuición: consiste en descompoñer (analizar) un
problema nos seus elementos máis simples a fin de coñecer por intuición a súa
solución.
- O momento da síntese-dedución: a partir da verdade acadada (intuída) agora
deduciremos as demais
Less