O FIDALGO SÉC. XIX (OTERO PEDRAYO, R.: Contos do Camiño e da rúa, 1932) Acontecementos históricos / culturais Unha mañá houbo grande escándalo na rúa silenciosa, parsimoniosa, como poboada de avaros e de costumes ríxidos. Era unha mañá da primavera. Polo ar...
More
O FIDALGO SÉC. XIX (OTERO PEDRAYO, R.: Contos do Camiño e da rúa, 1932) Acontecementos históricos / culturais Unha mañá houbo grande escándalo na rúa silenciosa, parsimoniosa, como poboada de avaros e de costumes ríxidos. Era unha mañá da primavera. Polo ar tépedo, riba dos tellados, únicos que disfrutaban da ledicia do sol endexamais coñecido do zapateiro do soportal nin das laxes do chan, trazaban circos atolados de chíos as roldas dos avións. Unha gran figura de home rexo e vello apareceu na galería dun pisiño derradeiro, unha disforme escopeta apuntou ó ceo, e ¡pum, pum!, os tiros fortes, sonoros, bravos coma no monte, fixeron tremer os pobres vidros lixados dos pisos, o atacado de parálise no seu sillote, as señoras de clases pasivas, os funcionarios diante o chocolate, a vella e a súa calceta, a nena lectora de novelas, os gatos aburguesados e as criadas xubiladas que van á novena e viven dun legado dos amos mortos hai moito tempo. Medo, estrañeza, rebumbio, fantasías. Total, un
Less