@ voceiro de ensino medio de Galiza Nova Número 12 - NOVEMBRO DE 2016 24 FOLGA ninlomce ninreválidas NOVEMBRO A mobilización é a ferramenta necesaria para que as mozas e mozos conquistemos os nosos dereitos. Por iso, o 24 de novembro o estudantado galego...
More
@ voceiro de ensino medio de Galiza Nova Número 12 - NOVEMBRO DE 2016 24 FOLGA ninlomce ninreválidas NOVEMBRO A mobilización é a ferramenta necesaria para que as mozas e mozos conquistemos os nosos dereitos. Por iso, o 24 de novembro o estudantado galego convoca folga e manifestacións en toda Galiza, pola derrogación das reválidas. Galiza di NON Á LOMCE, non ao modelo educativo franquista, non ao ensino dogmático, relixioso, españolizador e para elites, non a quen pretende acabar co carácter público, inclusivo e gratuíto do ensino. QUE SON AS REVÁLIDAS? Son exames ao final de curso que será necesario aprobar para ter o título da ESO e Bacharelato. O estudantado xógase nun só exame a superación de toda unha etapa educativa, pois para pasar ao Bacharelato ou á universidade só se contará o exame de reválida e non se terán en conta as cualificacións das avaliacións continuas realizadas ao longo dos cursos. Hai 4 reválidas, situadas ao final de cada ciclo educativo. Dúas en primaria, unha a
Less