“SAMAÍN 2018” “A REVOLUCIÓN DO SAMAÍN NA CRISTINA”. Achegámonos ao día máis terrorífico do ano, é dicir, o Samaín, e dende a Cristina non queremos faltar á súa celebración un ano máis. Este ano o noso proxecto anual é “A revolución da Cristina está nos...
More
“SAMAÍN 2018” “A REVOLUCIÓN DO SAMAÍN NA CRISTINA”. Achegámonos ao día máis terrorífico do ano, é dicir, o Samaín, e dende a Cristina non queremos faltar á súa celebración un ano máis. Este ano o noso proxecto anual é “A revolución da Cristina está nos contos”, polo tanto durante a súa celebración e, continuando tamén co proxecto de coñecer a distintos seres mitolóxicos da cultura galega que dan medo, elaboraremos distintos contos sobre os personaxes seleccionados, neste caso temos a: “O Gatipedro”, “A tía Xuana”, “A bruxa dos dentes verdes”, “A Estadea”. Deben ser contos nos que modifiquemos algúns elementos do conto tradicional; non obstante, non se debe perder a esencia de cada un dos personaxes. Son seres de tradición galega que xa fomos coñecendo estes anos e que iremos investigando un pouco máis no presente curso. Animádevos a participar elaborando o voso conto, algo importante ¡recordade que debemos intentar que o resto dos compañeiros e compañeiras se asusten!
Less