“SAMAÍN 2019” Como ben sabedes, estámonos achegando ao día máis terrorífico do ano, polo tanto e como non ía ser doutra forma no CEIP Plurilingüe A Cristina non podemos faltar á súa celebración. Este ano, e continuando a investigación sobre aspectos da nosa...
More
“SAMAÍN 2019” Como ben sabedes, estámonos achegando ao día máis terrorífico do ano, polo tanto e como non ía ser doutra forma no CEIP Plurilingüe A Cristina non podemos faltar á súa celebración. Este ano, e continuando a investigación sobre aspectos da nosa cultura galega, centrarémonos na temática dos “curandeiros e curandeiras” (incluíndo dentro dos mesmos o coñecemento dalgunhas plantas que se empregaban para curar certas doenzas, como pode ser a “celidonia” ou as “herbas de San Xoán”), tan importantes na nosa comunidade dende hai moitos anos e, que aínda hoxe en día podemos escoitar falar deles/as. Galicia foi, durante gran parte del S. XX unha comunidade principalmente rural, onde as inclemencias do tempo, as distancias e os poucos medios impedían, cando se precisaba, acudir a un médico que dera consulta na capital do Concello. Por iso, e porque non sempre se dispoñía de cartos para consultar a facultativo, recorríase a unha serie de personaxes que, con unha práctica máis ou menos
Less