Estimadas familias: Dirixímonos a vós para informarvos da nosa participación nun programa educativo de actuacións para a tenza responsable dos animais domésticos e a prevención do abandono denominado “Protexe os animais”. Dito programa encádrase dentro do...
More
Estimadas familias: Dirixímonos a vós para informarvos da nosa participación nun programa educativo de actuacións para a tenza responsable dos animais domésticos e a prevención do abandono denominado “Protexe os animais”. Dito programa encádrase dentro do “Plan Proxecta” ofertado pola Consellería do Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia. O título escollido por nós para este plan é “Máis que mascotas” e nel colaboran 4º, 5º e 6º de Educación Infantil e 2º, 3º e 4º de Educación Primaria dirixidos polas súas titoras respectivas e pola mestra de apoio de Educación Infantil e os especialistas de Inglés e Música. O obxectivo xeral desta actividade será concienciar ao alumnado sobre a importancia de coidar e respectar a natureza e o medio ambiente. Coma obxectivos específicos, propóñense fomentar o trato correcto aos animais de compañía e identificar os coidados e obligacións que precisan, entre outros. Agradeceriamos enormemente a vosa implicación, colaboración e apoi
Less