POR QUE O NENO CON AFECTACIÓN NEUROMOTRIZ NON DEBE SENTARSE EN W Diversos autores (Shands e Steele, Fabry, Bedouelle) mostraron que a antetorsión femoral fisiológica diminúe ao longo de todo o crecemento. BEDOUELLE fala dunha redución rápida entre o ano e...
More
POR QUE O NENO CON AFECTACIÓN NEUROMOTRIZ NON DEBE SENTARSE EN W Diversos autores (Shands e Steele, Fabry, Bedouelle) mostraron que a antetorsión femoral fisiológica diminúe ao longo de todo o crecemento. BEDOUELLE fala dunha redución rápida entre o ano e os 5 anos de idade, despois permanece constante ata os 10 anos e diminúe aínda máis entre os 10-15 anos para obter unha antetorsión femoral media na idade adulta (Fabry e Lerat). Cando un problema de ante-torsión excesiva aparece no neno sen problemática motriz, normalmente se resolve a partir dos 4 anos de idade de forma espontánea (de feito, Staheli en 1993 falaba de poñer osteotomías desrotadoras en nenos con antetorsión femoral excesiva a partir dos 8-10 anos de idade; na actualidade, a tendencia é a esperar a que termine o crecemento). A situación do neno con patoloxía neuromotriz é diferente: nos nenos con enfermidade motriz cerebral que camiñan e, sobre todo, nos que non camiñan, a antetorsión non diminúe
Less