A MATERIA BRANCA CEREBRAL Ata hai pouco considerábase á substancia branca cerebral, simplemente como unha maraña de cables pasivos, que conectaban as diferentes rexións cerebrais. Agora comézase a coñecer que ela tamén participa noutras funcións cerebrais,...
More
A MATERIA BRANCA CEREBRAL Ata hai pouco considerábase á substancia branca cerebral, simplemente como unha maraña de cables pasivos, que conectaban as diferentes rexións cerebrais. Agora comézase a coñecer que ela tamén participa noutras funcións cerebrais, xa que á súa disfunción atribúenselle diversas enfermidades mentais. Está claro que é a materia gris onde se garda toda a información computacional, e na que reside a memoria e a intelixencia. Está composta por un denso tecido celular de neuronas, que deciden toda a actividade cerebral. Por debaixo delas está situada a materia branca, tan abundante, que constitúe máis da metade do cerebro. Mirándoa en detalle, está composta basicamente por todo un cableado de fibras nerviosas recubertas por unha substancia branca, chamada mielina. A semellanza do enredo de liñas telefónicas dunha cidade, estes cables conectan as neuronas dunha rexión cerebral a outra, o que é fundamental, xa que o cerebro funciona como un todo. Durante moito tempo, o
Less