Medidas tradicionais galegas
O ser humano observou sempre o contorno en que vive, as cousas que hai nel, o que acontece, o que distingue uns seres
doutros.
Sempre que se fai unha observación da realidade pódese encontrar que certas características están...
More
Medidas tradicionais galegas
O ser humano observou sempre o contorno en que vive, as cousas que hai nel, o que acontece, o que distingue uns seres
doutros.
Sempre que se fai unha observación da realidade pódese encontrar que certas características están presentes en moitos
dos obxectos que observamos.
Unha característica dos corpos a través da cal podemos establecer comparacións entre
ditos corpos chámase magnitude.
Son magnitudes, por exemplo: a lonxitude, o volume, o peso, etc.
Dicía Lord Kelvin que só cando é posible medir e expresar en forma numérica aquilo do que se fala sábese algo acerca
diso.
Medir unha cantidade é comparala con outra que se toma como unidade para sabermos cantas veces a contén.
En Galicia, desde moi antigo, as nosas xentes empregaron e seguen a empregar moitas unidades para medir as distintas
magnitudes.
Como sucedía en moitos outros puntos de Europa, estes sistemas tradicionais adolecían de imprecisións e de
moitas variacións locais e rexionais.
Tende
Less