A Corporación do Concello de Xinzo de Limia,
celebrou recentemente un Pleno no que o Alcalde deu conta do Plan de Saneamento Económico; neste punto a portavoz socialista, Elvira
Lama, incidíu nas dúbidas sobre a viabilidade do
Plan, polo xeito no que se...
More
A Corporación do Concello de Xinzo de Limia,
celebrou recentemente un Pleno no que o Alcalde deu conta do Plan de Saneamento Económico; neste punto a portavoz socialista, Elvira
Lama, incidíu nas dúbidas sobre a viabilidade do
Plan, polo xeito no que se está levando a cabo e
fundamentalmente das intencións do Grupo de
Goberno de querer cumplilo.
A socialista recordoulle ao rexedor que o Plan de
Saneamento Económico contempla reducción do
gasto corrente, reducción drástica en gastos de persoal e non soamente as continuas subas de impostos que ven aplicando o grupo do PP.
Elvira Lama afirmou que ao problema do persoal
“non se lle ven vías de solución porque non teñen interés en facelo e seguen cambiando postos
de traballo por votos”.
A portavoz socialista recordou a necesidade de contar con este Plan por que
«permite acollerse ás medias do Goberno de España para poder pagar a débeda que este concello
mantén con moitas empresas», e recriminou con
dureza ao Alcalde que n
Less