Que é realmente o feísmo, de onde vén e até onde chegan as súas consecuencias? Hai moitos feísmos diferentes? É un fenómeno único ou multipolar? Despréndese dunha situación socio-política? Aliméntase de orografias imposíbeis? Pódese rastrexar...
More
Que é realmente o feísmo, de onde vén e até onde chegan as súas consecuencias? Hai moitos feísmos diferentes? É un fenómeno único ou multipolar? Despréndese dunha situación socio-política? Aliméntase de orografias imposíbeis? Pódese rastrexar historicamente? É endémico ou inducido? Coñecemos outras sociedades que o padezan? Debe chamarse feírsmo? Todas estas preguntas e outras moitas foron tratadas no Foro do Feísmo, nunha tentativa de reflexionar sobre o problema na súa magnitude, para avaliar o "estado da cuestión".
Este volume ábrese co resultado dun traballo de campo fotográfico sobre a situación do noso territorio, con imaxes tomadas en diversos lugares de Galicia, agrupadas tematicamente, coa inteción de ofrecer distintos modelos de paisaxe existentes no país e distintos graos e modos de entender o chamado feísmo.
A segunda parte do libro constitúena as constribucións de cada un dos participantes no Foro do Feísmo, asi como a transcrición dos debates xerados nel. Deixase consta
Less