Planing Estándar de Visita de Día No presente documento falamos de todas as actividades que realizamos no Camping Fieitás, pero establecemos as diferencias de edades por colores. Deste xeito • os textos escritos en vermello será para educación infantil ou...
More
Planing Estándar de Visita de Día No presente documento falamos de todas as actividades que realizamos no Camping Fieitás, pero establecemos as diferencias de edades por colores. Deste xeito • os textos escritos en vermello será para educación infantil ou superior • os textos escritos en verde será para primeiro ciclo de primaria ou superior • os textos escritos en morado será para educación secundaria. As actividades de mañá e tarde poderanse alternar en función das predicións meteorolóxicas ou dispoñibilidade de espazos con respecto a outros grupos e/ou usos públicos do monte. Modelo Base Chegada: 10:00 am na praza da capela de Balea, desde onde o grupo trasladarase á instalación co apoio dos monitores que estarán a esperar na devandita praza. Mañá: MONTE: Onde se realizarán diversas actividades, sendo a primeira un pequeno xogo para que coñezan a zona e os límites da mesma. O xogo chámase “A sardiña” e consiste en que un monitor escóndese no bosque mentres os nenos búscano, cando al
Less