8
GALIZA NOVA
Este sábado 15 de marzo, a comarca pontevedresa de Galiza Nova realizaremos unha
xornada de formación no Concello de Moraña. Nesta xornada contaremos coa presenza
de destacadas militantes do Bloque Nacionalista Galego, que compartirán...
More
8
GALIZA NOVA
Este sábado 15 de marzo, a comarca pontevedresa de Galiza Nova realizaremos unha
xornada de formación no Concello de Moraña. Nesta xornada contaremos coa presenza
de destacadas militantes do Bloque Nacionalista Galego, que compartirán connosco
sabedoría e experiencia, axudarannos na tarefa de mellorar os nosos coñecementos e
entre todas sumaremos forzas e estratexias para loitar nestes tempos demoledores.
Connosco estará Eva Villaverde, Concelleira en Moraña e membro da executiva do
BNG, falaranos sobre feminismo e sobre o seu traballo como concelleira en Moraña,
onde o PP goberna en minoría fronte a unha oposición liderada por ela mesma e Marcos
Suárez, tamén concelleiro do BNG.
Por outra banda, Bieito Lobeira, actual Secretario de Organización do bloque e exdeputado no Parlamento, partillará connosco a súa visión do nacionalismo. Bieito foi
secretario xeral de Galiza Nova nos anos 90 e coñece á perfección o funcionamento da
nosa organización, alén de poder aportarnos os
Less