Chegaron as eleccións.
E, coma
cada vez que hai cita coas urnas,
as comparecencias dividiranse en
balances e promesas.
Presumen no
Partido Popular de
que son moi austeros nesta época
de crise, de que
somos o país que
menos gasta, a que
cumpre o déficit....
More
Chegaron as eleccións.
E, coma
cada vez que hai cita coas urnas,
as comparecencias dividiranse en
balances e promesas.
Presumen no
Partido Popular de
que son moi austeros nesta época
de crise, de que
somos o país que
menos gasta, a que
cumpre o déficit.
.
.
Pero os veciños e
as veciñas do Saviñao coñecemos
a realidade que nos
toca vivir, nós sufrimos tres gobernos
do Partido Popular:
o municipal, o galego e o estatal.
Coñecemos ben
as políticas que
aplican: aumentaron os impostos,
baixáronlle o soldo
ás empregadas e
empregados públicos, aumentaron as retencións
do IRPF, agora temos que pagar os
medicamentos, os libros de texto,
aumentaron o recibo da auga, o
prezo da gardería, o recibo da contribución, etc.
Estes son os recortes
para o pobo.
Mentres tanto no Saviñao duplicáronse os concelleiros
a chupar do Concello, e agora son
4 concelleiros do PP os que están a
cobrar.
Esta é a súa austeridade!
En tres anos e medio Feijoo fixo
retroceder a Galiza 10 anos, agora
Galiza ten meno
Less