‘Aforro por G Teo’ as NNXX inician unha campaña de
concienciación de aforro da auga en Teo
· Tralo inverno máis seco en 50 anos, inícianse estas actividades
coincidindo co día mundial da auga
· As actuacións a pé de rúa e a mobilización a través das redes...
More
‘Aforro por G Teo’ as NNXX inician unha campaña de
concienciación de aforro da auga en Teo
· Tralo inverno máis seco en 50 anos, inícianse estas actividades
coincidindo co día mundial da auga
· As actuacións a pé de rúa e a mobilización a través das redes
sociais pretenden ser a súa canle
· “Lamentamos que dende o concello non haxa a suficiente
sensibilización nun ano de seca como o que estamos a vivir.
Onde está a
previsión?”, pregúntase María Vázquez, presidenta de NNXX de Teo
Con motivo da celebración do ‘Día Mundial da Auga’ as Novas Xeracións de Teo
queren poñer o seu gran de area na concienciación e divulgación da importancia
do aforro de ese diamante líquido que é a auga.
Os mozos e mozas actuarán tanto ao pé da rúa como nas redes sociais para
intentar chegar a un número elevado de veciñ@s e visitantes de Teo este xoves,
22 de marzo.
Algunhas das iniciativas serán poñer pancartas nalgúns puntos do
Concello ou subir á rede fotografías nas que se amosen unha conducta
responsabl
Less