www.psoe-ponteareas.org socialistasponteareas MOCIÓN páx. 1 de 2 -------------------------------, concelleira/o do Grupo Municipal Socialista, ó abeiro do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o...
More
www.psoe-ponteareas.org socialistasponteareas MOCIÓN páx. 1 de 2 -------------------------------, concelleira/o do Grupo Municipal Socialista, ó abeiro do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais, presenta á consideración do Pleno da Corporación Municipal a seguinte MOCIÓN. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS A calidade da democracia vén determinada por diversos factores pero sen dúbida un dos máis valorados é a proximidade por e para os cidadáns. A política local é cómplice desa virtuosidade ao posicionarse como a administración máis próxima ao cidadán e ten, na celebración das sesións plenarias, a escenificación da vida política do Concello de Ponteareas. Polo tanto, non é entendible que os plenos municipais escapen da publicidade ofrecida pola presencia no propio espazo de actuación, sendo de vital importancia estender a tódolos fogares e ámbitos as sesións pl
Less