máis Galizanúmero 3 - xuño 2010
- 1 Máis Galiza ante as eleccións
municipais, por Carlos Aymerich
Non.
Non nacemos en momentos doados.
Mais, ao cabo,
quen escolle o momento de nacer? Aparecemos, iso si, cando
máis falta lle facíamos ao BNG
e a Galiza....
More
máis Galizanúmero 3 - xuño 2010
- 1 Máis Galiza ante as eleccións
municipais, por Carlos Aymerich
Non.
Non nacemos en momentos doados.
Mais, ao cabo,
quen escolle o momento de nacer? Aparecemos, iso si, cando
máis falta lle facíamos ao BNG
e a Galiza.
Cando máis precisa era unha alternativa nacionalista e de esquerda, aberta
e integradora, como a que nós
representamos.
Por iso obtivemos o apoio, hai escasos 13
meses, do 45% dos homes e
das mulleres do BNG.
Tamén
por iso están hoxe integrados
na nosa corrente o 60% dos
nosos alcaldes e alcaldesas e
máis do 55% dos portavoces
municipais do BNG.
Porque
eles e elas, que coñecen de
primeira man os problemas e
as necesidades dos seus viciños e viciñas, saben que o
noso é o nacionalismo que ten
futuro.
Non se trata de sermos
poucos e puros.
Trátase de sermos máis de cada de vez, de
dotar cada vez de máis sustento social ao noso proxecto nacionalista e transformador.
Non
hai outro camiño.
Dirémolo máis outra vez: apostamos polo BNG.
Less