Mentres caemos non podemos
deixar de mirar ao fondo.
Ata
que antes do impacto, o noso
retrato se reflexe con pouca nitidez.
Quedamos hipnotizados
pola velocidade da viaxe.
Pola
aceleración da gravidade.
As imaxes de Jeff Wall teñen
algo de hipnótico e o...
More
Mentres caemos non podemos
deixar de mirar ao fondo.
Ata
que antes do impacto, o noso
retrato se reflexe con pouca nitidez.
Quedamos hipnotizados
pola velocidade da viaxe.
Pola
aceleración da gravidade.
As imaxes de Jeff Wall teñen
algo de hipnótico e o espectador
pode caer contra elas, contra o
seu tamaño e a súa luminosidade.
Máis incluso que contra esa
atmosfera de tempo en suspenso na que se manifestan.
Están
no fondo dun proceso que cambia aquel vello proxecto da novela como debe ser: un espello
ao longo do camiño.
Wall coloca o espello ao final, desafiando a caída e a gravidade.
Aproveitando a atracción que, aínda
cos anos e educación, seguimos
sentindo polas imaxes que nos
exceden en tamaño.
Jeff Wall fai algo máis.
Porque
decidiu que era necesario para el e quizais para os espectadores ilustrar ese proceso: o da
caída contra imaxe.
Wall recoloca os seus referentes de xeito
que se entenda que unha imaxe
é ao mesmo tempo unha composición estética, un documento,
un acto co
Less