O ANO ASOREY
En relación á proposta para que o próximo ano 2011 sexa dedicado a celebrar en
Cambados o Ano Asorey, debido a que a data coincide co 50 aniversario da morte deste
excelente escultor Cambadés, de seguro que é un desexo da inmensa maioría dos...
More
O ANO ASOREY
En relación á proposta para que o próximo ano 2011 sexa dedicado a celebrar en
Cambados o Ano Asorey, debido a que a data coincide co 50 aniversario da morte deste
excelente escultor Cambadés, de seguro que é un desexo da inmensa maioría dos
veciños e veciñas da nosa vila e, sen dúbida, tamén unánime para os tres grupos
políticos que forman a actual corporación municipal.
Está claro que o PP ten falado
desta posibilidade igual que outros valorámola desde hai tempo.
Debemos recordarlle
ao PP que a idea de celebrar o 2009 como Ano Cabanillas foi unha proposta electoral do
BNG no ano 2007 e que eles venderon, sen rubor, como unha idea orixinal súa.
En calquera dos casos, o máis importante neste tipo de celebracións é conseguir a
participación cidadá para que todos e todas o vivamos coma un proxecto común e o
éxito da celebración estea asegurado.
Esta foi a idea que levou ao BNG a propor a
creación da Comisión Cabanillas na que debían estar representados todos os sectores
Less