Grupo Municipal Mixto VOTO PARTICULAR NÚM. 1 AO DITAME DA COMISIÓN DE FACENDA SOBRE O PROXECTO DE ORZAMENTO DO CONCELLO DE CABANAS PARA O EXERCICIO 2018 Xosé Manuel Pérez Sardiña como concelleiro de Participación Democrática Directa-Somos Cabanas, mediante...
More
Grupo Municipal Mixto VOTO PARTICULAR NÚM. 1 AO DITAME DA COMISIÓN DE FACENDA SOBRE O PROXECTO DE ORZAMENTO DO CONCELLO DE CABANAS PARA O EXERCICIO 2018 Xosé Manuel Pérez Sardiña como concelleiro de Participación Democrática Directa-Somos Cabanas, mediante o presente escrito, e ao abeiro dos dereitos que lle outorga o ROF, eleva ao Pleno da Corporación voto particular número 1 ao ditame da Comisión de Facenda e Contas de 26 de decembro sobre o proxecto de Orzamento do Concello de Cabanas para o exercicio 2018: Reducir asesorías externas en informática, comunicación (nova) e asesoría xurídica Motivación Tal e como argumentamos nos orzamentos de 2016 e 2017 e á vista de que esta emenda xa foi rexeitada polo Partido Popular, desde 2007 os gobernos municipais encabezados polo Partido Popular introduciron por primeira vez na historia dos orzamentos locais partidas para asesoría mediante empresas ou profesionais externos á Corporación contratadas mediante procedemento negociado sen publicida
Less