NÉBOA CEP CARLOS CASARES Páx.: Despois de xantar, mentres esperabamos a que os maiores acabaran de visitar a Casa-Museo de Manuel María, Xoel o irmán de Xián ensinounos un xogo que se chamaba: Polis e ladróns. Era guai e Paqui tamén xogou. (Antía) De alí,...
More
NÉBOA CEP CARLOS CASARES Páx.: Despois de xantar, mentres esperabamos a que os maiores acabaran de visitar a Casa-Museo de Manuel María, Xoel o irmán de Xián ensinounos un xogo que se chamaba: Polis e ladróns. Era guai e Paqui tamén xogou. (Antía) De alí, fomos a Penas de Rodas a ver unha pedras moi grandes case redondas. Estivemos escalando por elas. (Adrián R.) Acompañounos Alfonso, un membro da Asociación Cultural que leva o seu nome. Explicounos que hai unha lenda que di, que unha das penas está chea de ouro e a outra chea de alcatrán. Ata o momento ninguén se atreveu a rachar ningunha das dúas, porque se rachan a que ten ouro facíanse ricos todos os veciños, pero se a que rachan fora a de alcatrán quedaría toda a Terra Cha sepultada en chapapote. (Emma)
Less