O VIÑO NA OBRA DE MANUEL MARÍA Manuel María, o labrego con algo de poeta, como el se autodefinía ou "o poeta da Terra Chá", como foi bautizado hai ben tempo, é homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Este gran poeta visitou o noso centro o 20 de...
More
O VIÑO NA OBRA DE MANUEL MARÍA Manuel María, o labrego con algo de poeta, como el se autodefinía ou "o poeta da Terra Chá", como foi bautizado hai ben tempo, é homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Este gran poeta visitou o noso centro o 20 de abril do 2001 para apadriñar a aula de 2º curso, onde deixou escrito: "Moi ledo por esta visita ó Colexio de Alxén, no Baixo-ou case-Miño dun miñoto da Terra Chá onde todo foi perfecto. Pedir mais sería soberbia. Con toda a amistade do mundo" O viño ten unha notoria importancia na súa poesía, como mostra o seu "Poema ó viño galego" de Mar Maior, onde exalta os caldos do Ribeiro, Amandi, Quiroga, Valdeorras, Chantada, O Rosal e Betanzos, así como o espadeiro: " ¡Ou viño da miña terra, nobre e vella, que me queimas a alma co teu lume, aceso como o canto dun druída rachando o misterio da noite tebregosa!" O tema volve noutros textos como "A cunca" de Versos do lume, "O vinho" de A luz, "Ode ao viño" de As lúcidas, Canción dos viños de Orce
Less