NÉBOA CEP CARLOS CASARES Páx.: VISITAMOS COS COMPAÑEIROS DE SEGUNDO OUTEIRO DE REI O pasado sábado 18 de marzo fomos de excursión a Lugo, acompañando aos nos@s irmáns e irmás de 2º curso. Houbo que madrugar pero valeu a pena. Primeiro collemos o autobús no...
More
NÉBOA CEP CARLOS CASARES Páx.: VISITAMOS COS COMPAÑEIROS DE SEGUNDO OUTEIRO DE REI O pasado sábado 18 de marzo fomos de excursión a Lugo, acompañando aos nos@s irmáns e irmás de 2º curso. Houbo que madrugar pero valeu a pena. Primeiro collemos o autobús no colexio e comenzamos a nosa viaxe. Durou bastante o traxecto de aquí a alí. Ao chegar, fixeron o recital os nenos e nenas de 2º curso. Fixérono moi ben. Despois ensináronnos a Casa Museo de Manuel María. Máis tarde, fomos a un área de servizo onde xantamos. Logo fomos ás Penas de Rodas, onde habia dúas pedras xigantes. A lenda dicía que unha pedra estaba chea de ouro e outra de alquitrán e ninguén se atrevía a romper ningunha porque tiña medo de que fora a de alquitrán. Tamén fomos ao cemiterio onde está enterrado Manuel María e, por certo, coñecemos a unha sobriña del. Finalmente, fomos ao parque de Santa Isabel, onde eu recitei un poema de Manuel María. A min encantoume esta excursión e fixen mogollón de fotos. Foi divertidísimo!!!
Less