Boa tarde NENOS e PROFES do Ceip Ricardo Gasset, do Incio: Sabemos que estades a recoller información sobre gatos e queremos informarvos de que no Pazo de Tor podedes descubrir unhas gateiras, que son uns corredores dentro do pazo destinados aos gatos, do...
More
Boa tarde NENOS e PROFES do Ceip Ricardo Gasset, do Incio: Sabemos que estades a recoller información sobre gatos e queremos informarvos de que no Pazo de Tor podedes descubrir unhas gateiras, que son uns corredores dentro do pazo destinados aos gatos, do seu tamaño e coas súas portiñas, para que tivesen limpo de ratos o pazo por dentro. Por se quixerades vir coa vosa familia ou amigos a visitarnos unha fin de semana ou unha tarde, escribímosvos os datos do pazo: só recordarvos que abrimos todos os días, agás os luns, e as visitas son guiadas e de balde. O noso horario de visitas é ás 11h, 12h30, 16h30 e 18h. Para calquera cousa que desexedes, estamos á vosa disposición. Un moi cordial saúdo de Pilar Sánchez, Silvia Fiallega, Tar López e Juan Márquez, os guías deste Pazo tan bonito. Museo Pazo de Tor Lg. San Xoan de Tor 27400 Monforte de Lemos Tel.982165534 Mail. pazodetor@museolugo.org http://redemuseisticalugo.org/pdt_presentacion.asp?mat=5 Informádevos tamén dos nosos obradoiros ás
Less