"A eirexa do Hospital é unha eirexa románica, pequena, mais moi
fermosa, de marbre azuado do país. Nas beiras do adrio, hai dúas
torres arredadas da eirexa, cas paredes cheas de hedra. Vese que en
tempos...
More
"A eirexa do Hospital é unha eirexa románica, pequena, mais moi
fermosa, de marbre azuado do país. Nas beiras do adrio, hai dúas
torres arredadas da eirexa, cas paredes cheas de hedra. Vese que en
tempos antigos eran moito máis altas, e que se caíra a parte cimeira,
ou lles foran rebaixando. Unha é hoxe campanario i a outra está
convertida en panteón dos señores da casa da Pobra. A eirexa foi
forteza dos Hospitalarios, que gardaban o antigo vieiro de peleriños
que pasa por eilí, e que, según sentín decir, vai colle‐lo chamado
Camiño Francés non lonxe de Rubián de Cima. Drento da eirexa
pódese ver o sartego dun Comendador da Orde. O adrio é sombrizo
con castiñeiros e concheiros i un gran eucalipto ó pé do panteón".
Ánxel Fole, Terra Brava
www.viaauria.es
viaauria@gmail.com
630 283 440
O
Incio:
Terra
Brava
Via
Auria
Less