PREHISTORIA
1.
Que é a Prehistoria?
A Prehistoria é o período de tempo que vai desde o inicio da evolución
humana até os primeiros testemuños escritos.
Xa que o comezo da Prehistoria está
marcado pola aparición do ser humano non se pode aplicar o seu...
More
PREHISTORIA
1.
Que é a Prehistoria?
A Prehistoria é o período de tempo que vai desde o inicio da evolución
humana até os primeiros testemuños escritos.
Xa que o comezo da Prehistoria está
marcado pola aparición do ser humano non se pode aplicar o seu comezo ao mesmo
tempo en todo o mundo, en África pódese datar en torno aos dous millóns seiscentos mil
anos, no Medio Oriente algo menos de un millón oitocentos millóns de anos, en Asia e
Europa arredor de un millón de anos de antigüidade, no resto do mundo estaría por baixo
dos 50.
000 anos.
2.
Que períodos abarca?
A prehistoria pode ser dividida en tres grandes períodos da evolución humana.
O Paleolítico, que se iniciou hai uns 2,5 millóns de anos.
Os seres humanos deste tempo utilizaban ferramentas de pedra tallada, ósos e
paus.
Levaban unha vida nómade, rente dos ríos para se asegurar auga.
Comeza o uso do lume.
As súas crenzas relixiosas son de tipo máxico, con
presenza de certas ceremonias funerarias.
Less