SAMAÍN 2017 Achégase o día do Samaín e dende o CEIP A Cristina non queremos faltar à celebración un ano máis desta festa. Este ano o noso proxecto anual é “As mulleres contan”, polo tanto durante este Samaín , seguindo tamén co proxecto de dar a coñecer...
More
SAMAÍN 2017 Achégase o día do Samaín e dende o CEIP A Cristina non queremos faltar à celebración un ano máis desta festa. Este ano o noso proxecto anual é “As mulleres contan”, polo tanto durante este Samaín , seguindo tamén co proxecto de dar a coñecer seres mitolóxicos da cultura galega que dan medo, os seres míticos galegos elixidos serán femininos. Antes de nada tamén queremos aproveitar a ocasión para distinguir entre dous seres femininos que se están a usar indistintamente como sinónimos: as MEIGAS e as BRUXAS. Pensamos que é moi importante aclarar que as meigas orixinariamente realizaban conxuros bos ou malos e polo tanto incluirían as chamadas bruxas, pero tamén as sabias, curandeiras,...;polo tanto as meigas asócianse a poderes benefactores. En cambio, as bruxas son mulleres que gozan de poderes e coñecen receitas para causar dano e están relacionadas co demo. Elas son as que celebran aquelarres (reunións nocturnas de bruxas na noite do venres ou sábado presidida polo demo) e
Less