Unísono volve á carga.
Desta volta despide a un total de 22 persoas distribuídas
en dúas campañas (Goltv, 9 e Orange, 13).
Dada a frecuencia coa que vivimos
despedimentos nesta empresa pode chegar un momento no que vexamos cunha
certa naturalidade a perda...
More
Unísono volve á carga.
Desta volta despide a un total de 22 persoas distribuídas
en dúas campañas (Goltv, 9 e Orange, 13).
Dada a frecuencia coa que vivimos
despedimentos nesta empresa pode chegar un momento no que vexamos cunha
certa naturalidade a perda dun posto laboral no telemárketing.
O certo é que
debemos combater esta idea.
Debemos combatela porque é unha realidade
constatable que o telemárketing incrementa os seus beneficios ano tras ano,
como tamén o é que Orange é a terceira operadora do estado español
(situándose, agora que acaba de mercar a Simyo, a unha diferencia mínima de
Vodafone).
Podemos entender que a carga de traballo baixou en Goltv, o que non significa que
necesariamente ese persoal teña que ir á rúa: Unísono iniciou hai unhas semanas
un proceso de conversión a indefinidos/as na campaña de Orange.
Queremos
que ese sexa o camiño: estabilidade no posto laboral e máis carga de traballo
para Vigo.
Non cremos que o que demandamos sexan causas imposibles ou inal
Less