NOTA DE PRENSA URXENTE DA PLATAFORMA SOS SANIDADE PÚBLICA
Núñez Feijoo, presidente da Xunta de Galicia non espera ao 23 de maio para avanzar na
privatización da sanidade pública galega, a pesares das súas mensaxes de non privatizala.
O SERGAS a través dun...
More
NOTA DE PRENSA URXENTE DA PLATAFORMA SOS SANIDADE PÚBLICA
Núñez Feijoo, presidente da Xunta de Galicia non espera ao 23 de maio para avanzar na
privatización da sanidade pública galega, a pesares das súas mensaxes de non privatizala.
O SERGAS a través dun prego de cláusulas ao que tivo acceso a Plataforma da Defensa da
Sanidade Pública, abre a porta á contratación privada da xestión económica e á xestión
dos procesos de oposicións do seu persoal.
A cambio de 557.
000 euros (case 100 millóns de pesetas) , nun momento de crise, adxudica a unha
empresa privada este contrato, que contempla unha actividade que pon en perigo os postos de
traballo de moitos empregados públicos e entrega á mesma unha información estratéxica acerca dos
seus obxectivos, dotacións económicas, dispoñibilidades orzamentarias e políticas de racionalización
do gasto.
Finalmente entrega unha información tan vulnerable e unha competencia tan central para os seus
obxectivos como é a xestión dos procesos de oposicións
Less