Non constitúe unha relación laboral polo que non está suxeita a
ningunha norma laboral; o acordo é asinado individualmente entre
o mozo ou moza traballadora e a empresa, feito que implica unha
desprotección inmensa para a/o moza/o e un bo negocio para o...
More
Non constitúe unha relación laboral polo que non está suxeita a
ningunha norma laboral; o acordo é asinado individualmente entre
o mozo ou moza traballadora e a empresa, feito que implica unha
desprotección inmensa para a/o moza/o e un bo negocio para o
empresario/a, quen ten liberdade plena para determinar horarios de
traballo, vacacións, permisos, etc.
A remuneración é unha miseria e vai ligada ao IPREM (indicador
público de renda de efectos múltiplos) en 80%, actualmente 426€.
As empresas cotizarán à Seguridade Social polos bolseiros e
bolseiras, pero, á súa vez, estes/as faranse cargo das súas cotizacións para acceder a algunha prestación.
Non dá dereito á prestación
por desemprego porque non se cotiza o mínimo de tempo esixido,
establecido en 12 meses.
Participa connosco!
As recentes medidas dirixidas á mocidade por parte dos distintos gobernos amosan que non só son ineficaces para pórlle freo á
situación de crise que estamos a padecer, senón que van provocar
Less