COMENTARIO DA OBRA MORNING STAR
Morning Star é unha novela de aventuras escrita por Xosé Miranda e publicada en 1998 que acadou nese
mesmo ano o Premio Xerais de Novela.
A historia que se desenvolve nesta obra mestura personaxes reais con outros de ficción...
More
COMENTARIO DA OBRA MORNING STAR
Morning Star é unha novela de aventuras escrita por Xosé Miranda e publicada en 1998 que acadou nese
mesmo ano o Premio Xerais de Novela.
A historia que se desenvolve nesta obra mestura personaxes reais con outros de ficción partindo dun coñecido
cantar de cego titulado A vida e morte afrontosa de Tasende e que narraba a historia dun famoso bandoleiro
galego do século XIX.
Lourenzo Tasende é un rapaz duns catorce anos que vive cos seus pais nunha taberna cerca de Pontevedra,
aillado case por completo da sociedade, sen saber ler e tendo que atender o negocio familiar.
Un día chega á
súa casa para quedar Lázaro Rivadulla, antigo amigo de seu pai que lle descobre parte do seu pasado, e dende
entón a súa vida cambia por completo; a nai ponse enferma e morre, e tras este suceso o pai retorna a formar
parte dunha gavela na que participara na súa xuventude e que toma como centro de operacións a taberna da
Disputa.
Pouco a pouco Lourenzo vaise involucrando m
Less