Nestes últimos meses estamos a ler e escoitar arreo novas sobre proxectos no
litoral cambadés (Saco de Fefiñáns, Porto Deportivo.
.
.
) que son máis do mesmo: buscar
o efecto estético e propagandístico, sen preocuparse dos posibles aspectos negativos
que...
More

que poden poñer en risco o traballo da xente do mar.
O BNG non está totalmente en contra deses proxectos; pero hai algúns aspectos
importantes que convén aclarar moi ben antes de facer calquera actuación que poida
ser irreversible e causar un gran prexuizo á riqueza marisqueira de Cambados.
O BNG quere que, antes de que se coloquen as comportas no Saco de Fefiñáns, se
arranxen definitivamente os problemas de saneamento dos vertidos das augas
residuais, e que se faga un estudo rigoroso dos efectos do peche no banco marisqueiro
que alí hai.
Non queremos que esa zona se convirta nunha cloaca.
Por suposto estamos a favor de que se restaure a área da Praza de Abastos e
Lonxa Vella, e que se constrúan aparcadoiros; pero non estamos de acordo
Less