voceiro da sección sindical da CIG en Novagalicia Bancoextra maio 2014
O ERE IV non se pecha
Na modificación do Plan de Reestruturación primou eliminar as restricións ao
negocio, sobre o mantemento do emprego
ando se abriu o proceso de poxa
urxente de...
More
voceiro da sección sindical da CIG en Novagalicia Bancoextra maio 2014
O ERE IV non se pecha
Na modificación do Plan de Reestruturación primou eliminar as restricións ao
negocio, sobre o mantemento do emprego
ando se abriu o proceso de poxa
urxente de Novagalicia Banco,
a CIG solicitoulle ao FROB que
incluíse unha cláusula de garantía de
emprego. A resposta foi negativa.
Na súa nota do 18 de decembro
de 2013, o Organismo formado polo
Ministerio de Economía e o Banco de
España, xustificábase alegando que
avaliar o mantemento do emprego
facía inviable o proceso de poxa.
A realidade era outra. Tal e como
expuxo o Director do FROB, Antonio
Carrascosa, nunha conferencia o 24
de febreiro na Coruña, este Organismo
apostaba por eliminar as restricións
ao negocio contempladas no Plan de
Reestruturación, pero entendía que a
reestruturación laboral seguía sendo
necesaria. Non podemos esquecer que
é o FROB quen negocia con Bruxelas.
Non estamos ante unha decisión da
Comisión Europea, nin da Troika
Less